A ferida imaxinaria - DÁVILA, BERTA

Precio normal
€17,95
Precio de venta
€17,95
Precio normal
Agotado
Precio unitario
por 
Referencia de producto

Editorial: EDITORIAL XERAIS DE GALICIA - Idioma: Galego - 176 páginas

«A ferida imaxinaria» conta a historia de dúas parellas de irmás distanciadas, dous peixes laranxas e un ganso doméstico. E tamén a dos habitantes da aldea de Soutelo, cerca de Viveiro. Falta pouco tempo para que se produza unha eclipse solar total, pero ningunha das protagonistas ten un interese especial no fenómeno. As catro están mergulladas na súa propia escuridade. Un acuario e unha casa de cristal, a vida corrente e a vida de artista, a amizade entre persoas descoñecidas, as identidades duplas e a viaxe como única maneira de permanencia son algúns dos elementos dunha novela que fala da busca de consolo e en cuxas páxinas xorde unha melodía inesperada que dá conta das feridas da existencia. Berta Dávila crea personaxes, situacións e paisaxes nunca antes vistas e, así e todo, absolutamente próximas e familiares; concibe unha fabulación ateigada de imprevistos, consonancias simbólicas e paralelismos temáticos capaz de producir, coma nos movementos dun ballet, unha sutileza narrativa onde nada carece de senso, e onde todo flúe para provocar o asombro.

Berta Dávila (Santiago de Compostela, 1987) é narradora e poeta.

Por «Raíz da fenda» (Xerais, 2013) obtivo o Premio Johán Carballeira de poesía e posteriormente o Premio da Crítica Española e o da Asociación de Escritoras/es en Lingua Galega na modalidade de poesía. Como narradora é autora, entre outros libros, das novelas «O derradeiro libro de Emma Olsen» (2013), Premio Repsol de Narrativa Breve e Premio da Asociación Galega de Editoras ao mellor libro de ficción; «Carrusel» (2019), Premio García Barros e Premio da Crítica Española; «Illa Decepción» (2020), Premio Repsol de Narrativa Breve e finalista do Premio da Crítica Galicia; e «Os seres queridos» (Xerais, 2022), obra coa que conseguiu o Premio Xerais de Novela 2021, o Premio Follas Novas de Narrativa, 2023 e o Premio da Crítica de Galicia (Creación Literaria), 2023. No ámbito da literatura infantil e xuvenil é autora dos álbums ilustrados «A fuxida» (2014) e «O libro grande dos números pequenos» (Xerais, 2023), do libro de poemas «A pel do mundo» (2017), das novelas infantís «Demetrio Demoscopio perdeu a chispa» (Xerais, 2022) e «O Concurso dos Mellores Inventos (e outros incribles acontecementos)» (Xerais, 2024) e da novela xuvenil «Un elefante na sala de estar» (Xerais, 2022), coa que gañou o Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil 2021.