Xa vemos palmeiras - CABALEIRO, ANA
- Precio normal
- €17,50
- Precio de venta
- €17,50
- Precio normal
- Precio unitario
- por
Editorial: XERAIS - Idioma: galego - 144 páginas
Vinte persoas descoñecidas van pasar unha fin de ano ao deserto de Merzouga, no Sáhara marroquí, unha viaxe organizada que atravesa o país. Non é máis ca unha excursión ordinaria que calquera podería facer cun todo terreo e cun simple mapa, pero acabará por converterse nunha travesía singular, liderada por un guía fumado e dous condutores bérberes esquivos. Desa experiencia, unha das viaxeiras volve convencida de que, durante unha noite que dormen ao raso, foi trabada por un espírito do deserto e que desde entón anda polo mundo agoniando cunha brasa dentro. É a única viaxeira galega, unha rapaza de aldea que de pequena soñaba con explorar o continente africano e que de adulta se debate entre a vulgaridade do turismo e o feitizo da literatura e do mito.
Ana Cabaleiro (Saídres, 1974) é licenciada en Xornalismo. Como autora estreouse co libro de relatos «Sapos e Sereas» (2017). Coa novela «As Ramonas» (2018) gañou o premio García Barros e foi finalista do San Clemente. Con «Deixádenos remar» (Xerais, 2021) foi finalista do XXXVII Premio Xerais de Novela. Tamén participou nos libros colectivos de relatos «Contra o vento» (2018) e «O libro dos trens» (2019). «Xa vemos palmeiras» (Xerais, 2023) é o resultado do proxecto «Shukran», galardoado co I Premio Exeria de creación literaria, convocado en 2022 polo Concello de Santiago e a Residencia Literaria 1863, en colaboración co Consulado General de España en Xerusalén. (Foto da autora: Xosé Filloy)