Cando os lobos escoitaban a radio - BOUZAS, PEMÓN

Precio normal
€18,95
Precio de venta
€18,95
Precio normal
Agotado
Precio unitario
por 
Referencia de producto

Editorial: EDITORIAL XERAIS DE GALICIA - Idioma: galego - 272 páginas

En 1950, once anos despois da súa estrea mundial, chegaba aos cines españois a película «Foise co vento». A sociedade española, esfarelada polos desastres da guerra, pola pobreza e pola fame, andaba na procura da supervivencia na nova normalidade implantada polos vencedores, once anos despois de rematada a contenda. Porén, movéndose por un territorio indómito no que a paisaxe abraiaba, un territorio que ocupaba boa parte da comarca do Bierzo, das montañas de Lugo e Ourense e, particularmente, a comarca de La Cabrera, un grupo de homes e unha muller, cualificados como bandoleiros, tiñan posto prezo ás súas cabezas, vivos ou mortos, con recompensas que poderían arranxar as vidas de delatores ou traidores. En «Cando os lobos escoitaban a radio» Pemón Bouzas desprega a súa mellor escrita para mergullarnos nunha historia absolutamente conmovedora.

Pemón Bouzas (Santiago de Compostela, 1957) desenvolve o seu labor profesional na TVG, onde leva presentado e dirixido numerosos programas e documentais. Traballou en radio e colaborou en xornais e revistas. En 2013 gañou o LX Premio Ateneo Ciudad de Valladolid coa novela «A voz do vento» (Xerais, 2014). Con anterioridade publicou o libro de viaxes «Novos pasos por Bretaña» (Xerais, 2014), as novelas «El informe Manila» (2005) e «Las luces del Norte» (2008), así como o conto de Nadal «A estrela de oriente» (Xerais, 2012). Escribiu ademais os libros «100 cosas que hacer en Galicia» (2010) e, xunto con X. A. Domelo, «Mitos, ritos y leyendas de Galicia» (2000) e «Santiago de Compostela, y después de abrazar al Santo ¿qué?» (2004). «Cando os lobos escoitaban a radio» (Xerais, 2022) é a súa última novela na colección Narrativa de Xerais.