Carolina - CANAL, ALBERTO
- Precio normal
- €20,50
- Precio de venta
- €20,50
- Precio normal
- Precio unitario
- por
Editorial: EDITORIAL XERAIS DE GALICIA - Idioma: galego - 344 páginas
Carolina Ernau é unha muller que loita por sobrevivir nunha cruel guerra fratricida onde os gañadores, ademais de tratar de aniquilar fisicamente os vencidos, pretenden impedir que pensen e imaxinen. Unha muller que se converte en maquis e espalla a paixón polos libros, sobre todo por aqueles que a marcaron como ser humano, aqueles que se viu obrigada a ler na clandestinidade, á luz dun farol ou baixo o foco dunha lanterna. Unha muller sobre a que penden ameazas de cadea, de tortura e de morte. Este é o relato dunha vinganza, a de quen non soporta a impunidade dos crimes e decide administrar xustiza pola man, protagonizando peripecias que poñerán en perigo aquelas persoas que participan no cometido. Unha destas persoas é o xornalista Tomás Abilleira, que inicia unha investigación sobre Carolina Ernau tras coñecer a Rosalía Mera, unha enxeñeira que traballou para os nazis durante os anos corenta do século XX. «Carolina», a última novela de Alberto Canal, é unha historia de paixóns, vinganza e libros que, por empatía, debería ser lida ás escuras e cunha lanterna na man.
Alberto Canal (Casal de Maus-Ourense, 1967). Despois dunha década dedicado ao xornalismo na prensa escrita, na actualidade traballa no eido da comunicación empresarial en Caldaria. Como escritor, afirma que envorca nas súas obras boa parte do que é como persoa, e parte da convicción de que as persoas nos imos configurando a partir dos libros que lemos. En 2008 publicou a súa primeira novela, «Conexión Tubinga» (Xerais), unha intriga filosófica sobre a existencia de Deus, que resultou finalista do Premio Xerais dese ano e do San Clemente de 2009. En 2016 saíu «O amor nos escuros días de Birkenau» (Xerais), sobre a maldade gratuíta do réxime nazi, e finalista tamén do Premio Xerais. En «O trapecista da malla de rombos» (Xerais, 2018) narra a súa experiencia no circo de Bemposta. A súa novela máis recente é «Carolina» (Xerais, 2022).