Deixádenos remar - CABALEIRO, ANA

Precio normal
€18,50
Precio de venta
€18,50
Precio normal
Agotado
Precio unitario
por 
Referencia de producto

Editorial: XERAIS - Idioma: galego - 152 páginas

A vida nun modesto arrabalde vese trastornada coa construción dunha flamante urbanización de chalés acaroados. A medida que as vivendas se venden e os novos veciños se van asentando, o muro exterior da urbanización transfórmase en fronteira e o microcosmos do barrio acaba por se dividir en dous bandos. Mais non se trata dunha rivalidade polo territorio, senón da colisión entre dúas formas de vida que se converte nunha lenta e constante guerrilla de pequenas escaramuzas veciñais, na reafirmación do status comunitario dos humildes, e na manifestación dos nosos soños e loitas dependendo do lado do muro en que habitemos. En «Deixádenos remar», novela finalista do Premio Xerais 2020, Ana Cabaleiro dálles voz ás protagonistas anónimas do cotián, todas humildes e arrabaldeiras, ben sexan esforzadas traballadoras, opositoras, desempregadas, xubiladas, divorciadas, artistas ou viaxeiras.

Ana Cabaleiro (Saídres, 1974) é licenciada en Xornalismo. Como autora estreouse co libro de relatos «Sapos e Sereas» (2017). Coa novela «As Ramonas» (2018) gañou o premio García Barros e foi finalista do San Clemente. Con «Deixádenos remar» (Xerais, 2021) foi finalista do XXXVII Premio Xerais de Novela. Tamén participou nos libros colectivos de relatos «Contra o vento» (2018) e «O libro dos trens» (2019). «Xa vemos palmeiras» (Xerais, 2023) é o resultado do proxecto «Shukran», galardoado co I Premio Exeria de creación literaria, convocado en 2022 polo Concello de Santiago e a Residencia Literaria 1863, en colaboración co Consulado General de España en Xerusalén. (Foto da autora: Xosé Filloy)