Finximentos - PÉREZ REI, MARIÑA

Precio normal
€17,95
Precio de venta
€17,95
Precio normal
Agotado
Precio unitario
por 
Referencia de producto

Editorial: XERAIS - Idioma: gallego - 152 páginas

Nené baila unha danza de resistencia ao redor de Heinrich, nunha escena de xadrez que os volve invisibles. Os dous sobreviven nun mundo en crise, nun teatro de máscaras onde nada é o que parece e a identidade se torna un xogo, un intercambio efémero entre bambolinas. Asalariados, estafadores ou grandes cínicos, os dous deambulan na procura dunha esquina limpa na costa galega para nadar ou para naufragar, para ocultar o seu amor entre dunas ou para sentirse vivos. Saben que a farsa empeza na propia gorxa. Que o silencio é un baixío que hai que evitar. Que o valor dunha conversa é infinito no perfil das apetencias. Aprecian tanto o que beben coma o tícket que amosa a súa consumición.

Mariña Pérez Rei (Ames, 1966) é narradora e poeta. Entre a súa obra destacan a poesía e a novela curta, así como colaboracións en prensa. No ámbito da poesía, publicou os libros «Fanerógama» (2006, XVIII Premio Eusebio Lorenzo Baleirón), «Apuntamentos para un cuarto confuso e cambiante» (2009, edición artesanal), «Paquidermo» (2010), «Boca de gárgola» (2014, autoedición) e «Mallantes» (2021). Así mesmo, participou nas antoloxías poéticas da corrente Sentimentalista e tamén formou parte do Colectivo Maiakovski na edición do longo poema «Intimidación» (Xerais, 2021). En narrativa, publicou as novelas «Canícula» (2007, Premio Manuel Lueiro Rei de Novela Curta), «Costa necrópole» (2010, Premio Antón Avilés de Taramancos), «Contrapicados» (2012) e «Finximentos» (Xerais, 2024, XXV Premio de Narración Curta Ánxel Fole do Concello de Lugo). Colaborou coa Fundación Risco nas antoloxías de «Romasanta», publicou dous relatos na antoloxía «Longas sombras na pedra» e escribiu tamén o relato «Contracultura (ou a lenda do home parado)», que foi publicado no volume «Miño. Antoloxía do relato galego actual» (Xerais, 2023). Fotografía da autora: Martín Lagoa.