Lúa nova - MONTERO, IRENE
- Precio normal
- €17,50
- Precio de venta
- €17,50
- Precio normal
- Precio unitario
- por
Editorial: XERAIS - Idioma: galego - 96 páginas
Lúa Lóngora é unha pianista recoñecida e admirada no mundo enteiro. Coa música como eixe sobre o que se vertebra toda a súa existencia, goza dunha vida plena e afortunada rodeada de seres que a queren e que a axudaron a desenvolverse como profesional e como persoa. Lúa é cega de nacemento, unha condición que non lle impediu avanzar no seu camiño, erguéndose despois de cada tropezo coa axuda imprescindible de quen a rodea. Mais chega un momento en que a vida a pon diante dos seus medos, das súas dúbidas, do seu futuro... Os cambios sempre asustan, tamén a Lúa, que ata agora se atreveu con todo. Cunha historia tenra e conmovedora, Irene Montero invita a reflexionar sobre a discapacidade e a relatividade do propio termo. En «Lúa Nova» proponse unha percepción da realidade cunha ollada diferente, máis aberta, máis inclusiva e máis respectuosa.
Irene Montero (Ferrol, 1970). Filóloga de carreira e xornalista de profesión, leva máis de vinte anos dedicada á comunicación corporativa, despois de pasar por varios medios informativos nos comezos da súa vida laboral. Isto permitiulle facer da escrita o seu oficio, orientado habitualmente a textos informativos e divulgativos. En 2021 escribe a súa primeira obra literaria, «Lúa Nova» (Xerais, 2022), coa que consegue gañar a oitava edición do Premio de Novela Curta Cidade Centenaria de Ribeira. (Foto da autora: Roberto Loxo)