Matarán a reboiras - REI NUÑEZ, LUÍS
- Precio normal
- €24,95
- Precio de venta
- €24,95
- Precio normal
- Precio unitario
- por
Editorial: XERAIS - Idioma: galego - 480 páginas
No verán de 1975, no Ferrol que tres anos atrás vivira tráxicas xornadas de insurrección obreira, Moncho Reboiras cae abatido logo dunha asañada persecución da policía franquista. Décadas despois, un comité de emerxencia impulsa a loita contra unha agresión ecolóxica produto da arbitrariedade corrupta e a cobiza. Xa a comezos do século actual, o reporteiro gráfico Nardo Negro documenta eses acontecementos desde os días vertixinosos do Nunca Máis e do Non á Guerra, nun dos momentos de maior manipulación política da Televisión de Galicia. Ao tempo, Marabillas Párraga, unha singular monxa galeguista e de esquerdas, nárrao todo para nós con precisión e claridade. En «Matarán a Reboiras», Luís Rei Núñez déixase guiar polos seus protagonistas e proponnos unha novela na que mandan as vidas e os tempos, sempre incertos.
Luís Rei Núñez (A Coruña, 1958) ten toda a súa obra narrativa publicada en Xerais: «Expediente Artieda» (Premio Xerais de Novela, 2000), «A estrela dos polisóns» (2003), «Toda a vida» (2005), «O señor Lugrís e a negra sombra» (Premio da Crítica Española e Premio Irmandade do Libro, 2007), «Monte Louro» (Premio Blanco Amor, 2009), «Cita en Fisterra» (2011), «Días que non foron» (2013), «O encargo do señor Castelao» (2016) e «Matarán a Reboiras» (2022). En Xerais apareceu tamén a biografía «Rafael Dieste. O libre pensamento» (2019). Como poeta é autor de «A rolda invisible» (1988), «A casa na brétema» (1994), «Alma mareira» (2003), «Estrela do norte» (Premio Ánxel Casal da Asociación Galega de Editores, 2014) e «As sílabas do mundo» (2021). Tamén é autor do volume de entrevistas «Oficio de escribir» (1990) e da colección de ensaios «Poetas Andantes Navegantes» (1995).