Non penses nun elefante rosa - YÁÑEZ, ANTÍA

Precio normal
€19,50
Precio de venta
€19,50
Precio normal
Agotado
Precio unitario
por 
Referencia de producto

Editorial: XERAIS - Idioma: galego - 424 páginas

Aurora é nova, independente, ten traballo, amigas, vive soa na cidade, le novelas eróticas, sae cando quere e déitase con quen lle prace. Todo sería perfecto... se non fose porque na súa existencia case nada vai como debería. A súa vida cambalea, a súa parella abandonouna, foxe das súas amigas para non ter que dar explicacións e prefire manterse afastada da familia. Un día, por casualidade, Aurora coñece a Brais, un neno de dez anos, curioso, impertinente, con pinta de superdotado pero de familia desestruturada, do que non é quen de librarse. Cun extraordinario sentido do humor e abordando a fondo o tema da saúde mental, Antía Yañez relátanos a historia de Aurora, unha «millennial» autoesixente e perfeccionista que vive a súa vida coma unha voráxine que non é capaz de controlar. As páxinas de «Non penses nun elefante rosa» son divertidas, atrevidas, profundas, politicamente incorrectas e vertixinosas, e arrastrarán canda si moitas lectoras e lectores que lerán esta novela coma se visen unha serie sobre o tempo que vivimos.

Antía Yáñez (Burela, 1991), enxeñeira, xestiona unha academia en Cecebre e organiza obradoiros literarios. Como narradora, comezou escribindo relato curto, ámbito no que gañou premios como Os Viadutos, o Xaime Illa Couto ou o Certame Literario de Cambre. Para o público infantil e xuvenil publicou as obras «O misterio de Portomarín» (2016), que ten a súa continuación en «O misterio do torque de Burela» (2019); a novela distópica «Be Water» (2019) e «Plan de rescate» (Xerais, 2020), Premio Agustín Fernández Paz pola Igualdade. En narrativa para adultos publicou a novela «Senlleiras» (2018, Premio Illa Nova) e participou no libro de relatos «Entre Donas» (2020). «Non penses nun elefante rosa» (2022) é a súa primeira novela na colección Narrativa de Xerais.