O ano das mazás - FERREIRA FERVENZA, MONTSE

Precio normal
€19,50
Precio de venta
€19,50
Precio normal
Agotado
Precio unitario
por 
Referencia de producto

Editorial: XERAIS - Idioma: galego - 256 páginas

É o tempo da posguerra, tempo de miseria, tempo de desacougo. Os rapaces rabuñaban no lixo das casas ricas para apañar as mondas das patacas, que logo fervían e comían con ansia. Agora, nin iso, xa non hai mondas porque os ricos nos as tiran, gárdanas para cear cun chisco de aceite. Non é así en Vilaveiga -unha aldea morriñenta de montaña-, onde teñen mazás a rego cheo para dar alivio a bandullos de xente e animais: reinetas, mazás de sidra, riscadas, con becho, sen becho, amarelas, verdes e ata golden, que non son autóctonas, pero Andrés "o Parviño" rilla nelas con pracer. Chegado un momento, na aldea comezan a suceder unha serie de acontecementos que fan espernexar até a mesma terra: Henrique "o do estraperlo" trae consigo unha escolma de libros, unha familia de herexes protestantes alugan a casa grande, e Adelaida, unha neniña con anemia, aprende a ler...

Montse Ferreira Fervenza nace na aldea de Quintela (Redondela), pero reside en Vigo dende os vinte anos. Enfermeira do Sergas, é unha apaixonada das artes escénicas formada en interpretación, dramaturxia e escrita creativa. Coa compañía de teatro Arte Livre goza nos escenarios de Londres, Illa de Madeira, Algarve, Santiago de Compostela, Cangas, Vigo..., e interpreta papeis en obras como "As bruxas de Salem"; "Ídolos de papel"; "Evita Perón"; "Inspector Xeral"» ou "Cincenta". Totalmente seducida pola creación de personaxes, escribe e dirixe varias obras teatrais. Participou no proceso de escrita do libro "Tecido de voces" cos relatos "A serra" e "O ouvido do lobo". "O ano das mazás" (Xerais, 2023) xorde do seu desexo de espallar os segredos dunha aldea que latexou na posguerra.