Rosalía de Castro - GREGORES, EVA

Precio normal
€14,95
Precio de venta
€14,95
Precio normal
Agotado
Precio unitario
por 
Referencia de producto

Editorial: EDICIONS DO CUMIO - Idioma: galego - 40 páginas

Edad recomendada: a partir de 7 años

Chega a nova colección de Cumio que homenaxea a figuras importantes da nosa cultura. Os MIUDIÑOS de Cumio achegan a vida de autoras, cantantes, poetas, escritores e artistas de todo tipo ao público infantil. O primeiro título desta colección empeza con "Rosalía de Castro" escrito por Alba de Evan e Xabier Domínguez, cunhas ilustracións que veñen da man dunha das ilustradoras do momento no noso país: Bea Gregores. A través desta colección, os mais pequenos e pequenas disfrutarán dos BIOPOEMAS: poesías que falan da vida dalguén, da súa personalidade, gustos u do que o fan especial. Un recurso literario que adapta feitos biográficos ao xénero poético. En definitiva, unha vida feita poema. Un libro perfecto para: - Traballar na casa a lectura breve e rimada. - Achegar grandes figuras da nosa cultura aos mais pequenos. - Traballar na aula coas grandes figuras das letras e da arte.

Bea Gregores naceu en Vigo en 1995. Graduada na Universidade de Belas Artes de Pontevedra e licenciada no máster universitario en libro ilustrado e animación audiovisual, especialízase nos campos de ilustración e deseño. Foi gañadora de diversos premios no mundo da ilustración e do cómic, como o Primeiro Premio La Palabra Pintada, categoría artista nova, e o Primeiro premio Xuventude Crea na sección de Banda Deseñada, ademais de participar e comisariar varias exposicións. Actualmente traballa como ilustradora editorial en Galicia. En Xerais ilustrou os álbums «A lavandeira de San Simón» (Xerais, 2020) e «Cando leo» (Xerais, 2022), e mais o ensaio «Douche a miña palabra» (Xerais, 2021). As mulleres que cultivaban néboas (Xerais, 2022) é o primeiro álbum que asina como autora total, do texto e das ilustracións.