Soamente unha vez - MONDELO, JOSÉ

Precio normal
€19,95
Precio de venta
€19,95
Precio normal
Agotado
Precio unitario
por 
Referencia de producto

Editorial: XERAIS - 336 páginas

Unha cadela que acompaña a dous cazadores descobre un cadáver no monte. É o cadáver dunha muller desaparecida, que obriga o singular inspector Paiana a centrarse no caso. Axiña aparecen algúns sospeitosos. Pero nesta novela, ao contrario do que acostuma a suceder neste tipo de relatos, o asasinato non o invade todo, senón que queda inserido no traballo habitual e cotián dos funcionarios. Os policías continúan a falar das súas cousas, chancean mentres agardan a chegada da xuíza e o inspector da científica intercambia receitas de cociña coa forense ao tempo que examinan o cadáver. Porque, como di un dos personaxes, o morto parou, mais a vida segue adiante. «Soamente unha vez» é unha orixinalísima novela policial de José Mondelo, diferente e trepidante, afastada dos tópicos novelescos do xénero onde abundan os policías corruptos, alcólicos e agresivos importados da literatura e do cinema americanos.

José Mondelo (Peites, Lugo), escritor atípico e iconoclasta, deuse a coñecer co libro «Un pequeno favor e outras historias de humor perverso», unha das poucas obras literarias estritamente humorísticas coas que conta o galego. A súa produción vai desde contos para rapaces («O informe do empregado Mendes» ou «Martín Coutinho en busca do sol») a unha novela erótica de forte tintura sadomasoquista («Ni junio en París»), que el define como «un exercicio de estilo»; desde unha divertidísima sátira («Hay que matar a los padres») á tráxica novela negra «O ollo pecho», que obtivo excelentes críticas no seu momento. É autor, igualmente, da peza teatral «Comedia», na que se basea a curtametraxe «Sálvame!», galardoada con máis de cincuenta premios en festivais nacionais e internacionais.