Trávelin - PIÑEIRO, ANTONIO
- Precio normal
- €18,50
- Precio de venta
- €18,50
- Precio normal
- Precio unitario
- por
Editorial: XERAIS - Idioma: galego - 136 páginas
Santiago de Compostela, en pleno apoxeo da movida dos oitenta, vibra na noite do xoves. Centos de estudantes universitarios móvense polas rúas do ensanche. Unha nova no Telexornal dá conta dun achado nun vehículo abandonado entre as silveiras da periferia. A cámara de televisión evoluciona sobre o suceso coma nun trávelin ata a imaxe final, na que o inspector Alaín examina o escenario. Ese é o punto de partida da pescuda que o leva por toda a cidade, percorrendo os locais de moda e sacándolles aos informadores de confianza as pistas para capturar a quen está detrás dos graves feitos relacionados co caso. O seu percorrido é tamén o da gandaina, o dos bares, o dos pubs, o das músicas e o do ambiente en que atopará os peculiares suxeitos dunha década que trouxo consigo esoutros recullos de sombra e marxinalidade.
Antonio Piñeiro (Ribeira, 1962) é cualificado como un dos autores máis orixinais da literatura galega actual. Cunha prosa que se move entre a forza da idea e o esteticismo, entre o achado literario e o achado memorístico, entre a tensión argumental e uns finais que non adoitan deixar marxe á indife-renza, posúe un estilo de enorme personalidade. Gañador do Premio Torrente Ballester en 2017, a esa distinción engade numerosos galardóns que o sitúan como un autor amplamente recoñecido. Proce-dente do grupo de escritores xurdido no seo de Barbantia (indiscutible protagonista do eido cultural galego no novo milenio), é autor de obras tan nomeadas coma «A identidade fascinada» (2015), «A través do fume» (2018), «O noiro» (2016), «A dama fulxente» (2011) ou «Celada» (Xerais, 2020), primeiro escenario en que aparece o inspector Alaín, protagonista tamén de «Trávelin» (Xerais, 2021), coa que obtivo o XXVII Premio de Novela Curta Manuel Lueiro Rey 2020.