Unha rapaza de provincias - F. SANTOMÉ, CECILIA

Precio normal
€17,50
Precio de venta
€17,50
Precio normal
Agotado
Precio unitario
por 
Referencia de producto

Editorial: XERAIS - Idioma: galego - 104 páginas

1979. Carrexando unha maleta cargada de entusiasmo, Carmen chega a unha Barcelona vibrante, moderna e chea de contrastes para pasar o verán. Coa súa irmá Pilar e o seu cuñado Gabino como guías, descubrirá os paseos polas Ramblas, os almorzos no ultramarinos do barrio, as expedicións ao SEPU, as tardes dos sábados no parque. Dunha punta a outra da cidade, daranlle a coñecer aquela sociedade libre, diversa, laboriosa, sacrificada. Abafante. Unha sociedade nos antípodas da súa aldea, tan pequena, tan pechada. Mais non todo en Barcelona é de cor de rosa. Carmen comprobarao cando busque colocación como criada nos barrios altos, para sacar uns cartiños mentres non regresa á casa. Ao servizo de señoras adiñeiradas, cociñará, fregará, escoitará moito e calará aínda máis. Aprenderá a adaptarse ao medio e a baixar a cabeza. No fin de contas, ela só está de paso. En «Unha rapaza de provincias» Cecilia F. Santomé recrea a Barcelona da Transición e réndelle tributo a esa emigración galega -interior, en feminino- pouco explorada e a miúdo eclipsada polas grandes epopeas transoceánicas.

Cecilia F. Santomé, licenciada en Filoloxía Francesa e doutora en Teoría da Literatura e Literatura Comparada pola USC, desenvolveu o seu interese pola palabra escrita en eidos variados, desde o «marketing» dixital á formación en biblioteconomía. Participou en proxectos de xornalismo internacional, experiencia da que tirou proveito para coordinar e editar a revista «Coolt», publicación de tendencias pioneira na internet en galego. Hoxe colabora esporadicamente con outros medios ao tempo que explora os camiños da ficción desde o lado da creación e da tradución. Recibiu o Premio Literario Nortear para a mocidade escritora de Galicia e do Norte de Portugal en 2017 polo seu relato «34, Rue Saint Jacques». En 2021 foi recoñecida co 3º premio no Certame de Narracións Breves Manuel Murguía por «As orfas daquel verán». «Unha rapaza de provincias» (Xerais, 2021) é a súa nova novela tras «Quérote. Eu tampouco» (Xerais, 2019).